ADVERBS OF FREQUENCY 

ADVERBIOS DE FRECUENCIA


Boas!

Vamos ver os adverbios de frecuencia, unhas palabras que nos serven para dicer a frecuencia coa que facemos as nosas actividades. Vamos ver os cuatro máis básicos e a súa tradución:


  • Always = Sempre
  • Usually / Often = Normalmente
  • Sometimes = Ás veces
  • Never = Nunca

Na actividade a seguir, podemos ver como se colocan estes adverbios nunha frase. En xeral, os adverbios van despois do suxeito, é dicer, da palabra que indica quen realiza a acción. Por exemplo:

I sometimes eat pizza        You always read books
Eu ás veces como pizza                    Tu sempre les libros


Propóñovos esta ficha para que vos familiaricedes cos adverbios de frencuencia. Na primeira actividade, debedes ordenalos pola súa frecuencia de menor a maior. Na segunda actividade, debedes completar co adverbio correspondente segundo a frecuencia coa que eses rapaces realizan as accións.



Lembrade que podedes entregarme a tarefa cando veñades á escola ou enviándoma ao meu email:

lucas.lopez@edu.xunta.gal


Un saudiño,

Lucas

Comentários

Mensagens populares